“ Son de aldea, dunha aldea de tantas, de tantas que por desgracia, se están despoboando” di Ramón Lourido, xerente de Abonos Lourido, quen tamén apunta que ”eu con 21 anos, con dous rapaces máis, creíamos nas nosas posibilidades, fomos ao monte e explotamos o que hoxe sería carne ecolóxica. Tíñamos un rebaño de 600 cabras e aí botamos 5 anos e no día a día comprobamos a cantidade de recursos que ten o monte”. O toxo foi sempre un elemento clave no sistema agrario galego, apunta Ramón Lourido, “o toxo xa é rendible económicamente e socialmente ao principio, de feito, estase comercializando toxo picado para cultivo biodinámico”. A consideración de toxo aquí é a mistura entre o propio toxo, herba, arqueixa e fieitos.
Para a obtención do toxo, colaboran con comunidades de montes veciñais, esos grandes extensións de superficie comunais, que explotados con maquinaria axeitada permiten facer rendible a explotación económica deste recurso. “Hai simbiosis entre a comunidade de montes e a empresa”, tratase dun acordo win to win onde todos saen beneficiados. A comunidade non ten que pagar porque alguén lle limpe o monte e Abonos Lourido consigue o toxo preciso para o seu negocio.
Segúndo relata Ramón Lourido, o toxo apilase no propio monte, case un ano, alí vai compostando só e baixa de volume. Posteriormente levase á pranta, onde entra nun proceso de transformación e se clasifica en pilas, según os productos. O proceso é moi semellante en todas as pilas, vaise volteando até que se considera que está maduro. Neste proceso chegase a acadar temperaturas de até 60 grados.
Na actualidade os productos que estrae Abonos Louridos é:
• Toxo só compactado, produto que adoita utilizarse para horquídeas.
• Sustrato de toxo para prantas, pensado para xardiñeria; que tamén funciona moi ben na horticultura.
• Raspadallo, recoméndase como enmenda e fertilizante orgánico (estando nun proceso moi avanzado de fermentación).
• Horta na casa, semellante ao sustrato do toxo, serve para plantar directamente as legumes no saco.
Sinala que os productos son 100% naturais, sen uso de químicos e que “o gran éxito de Abonos Lourido foi poder, no século no que estamos agora, levar o toxo a calquera cidade. É un produto que se pode exportar e dunha extraordinaria calidade”. E indica que a chave radica en “adaptar un vello recurso a unha nova demanda”, polo que si cre que é posible replicar este modelo noutras zonas. O investimento non é moi alto e sobre a maquinaría empregada tiveron que adaptarse as propias necesidades que tiñan, innovando e creando unha específica para eles mesmos.
Pero o futuro, como moitos labregos sinalan, é complicado, Ramón Lourido é pesimista co futuro inmediato, pero a longo prazo, pregúntase que “se non temos futuro no rural, onde o imos ter?” e apunta unha vez máis unha das cuestións máis importantes para a sustentabilidade do medio rural, “a clave é o amor a onde un nace” así como o sentido de pertenza, identidade, o aprezo e os afectos polo que temos ao noso redor. Mais por suposto, considera que esto non é suficiente e reivindica un papel máis activo da administración na defensa do medio rural e no apoio a experiencias productivas innovadoras como a súa.