Actualidade

A través desta páxina imos contando as diferentes novas e accións que dende a rede ReVOLTa imos impulsando. Asi podes estar ao día 

Cambios de paradigma na Historia Rural. Un debate. Obradoiro de Historia

Os investigadores Alba Díaz Geada e Lourenzo Fernández Prieto pertencentes ao Grupo HISTAGRA, organizan a través do proxecto de investigación “Los vectores del cambio estructural de las agriculturas atlánticas ibéricas: moto-mecanización y especialización lechera” organizan o Obradoiro de Historia: Cambios de paradigma na Historia Rural. Un debate os días 17 e 18 de xaneiro de […]

LER MÁIS

Somos “fillos da aldea” (notas sobre o Encontro Rural Imaxinado 2018, parte I)

Como investigadores/as coñecemos os procesos que se están dando no rural dende hai tempo, sabemos o que sucede no rural, pero aínda tendo isto en conta cómpre preguntarse: que procesos de eco agroinnovación se están dando? Que sucede e aínda non sabemos que existe? estas dúas preguntas son as que motivaron a creación dos encontros […]

LER MÁIS

Xa está listo o programa do Encontro Rural Imaxinado

Vilar de Santos acollerá o 9 de novembro unha nova edición dos encontros Rural Imaxinado que organiza a rede REVOLTA, con esta xornada preténdese xerar un espazo de debate entre interesados/as no mundo rural, labregos/as, activistas, emprendedores/as e investigadoras/es das universidades cos que tecer diálogos sobre a realidade do rural galego hoxe en día. A […]

LER MÁIS

AMPLIAMOS PRAZO Open Call do Encontro Rural Imaxinado

Hai tres anos en Lalín a rede ReVOLTA organizaba o seu primeiro encontro Rural Imaxinado, un espazo aberto ao debate no que diversas voces deron conta, a través da súa praxe, de diversas formas de vivir e pensar o rural. Daquela os eixos que guiaron as conversas foron os conceptos de comunidade, outras economías, subxectividades […]

LER MÁIS

Os Investigadores da Aldea (Rede ReVOLTA) presentan o libro colaborativo Revoltando á terra

O próximo mércores 27 de xuño ás 19:00 terá lugar a presentación do libro Revoltando á terra no salón de plenos do Concello de Allariz, unha obra coa que se pretende favorecer un debate necesario sobre o mundo rural hoxe en día. O obxectivo deste libro é tratar de elaborar un novo discurso sobre o […]

LER MÁIS

Presentación do libro do PEMAN: A través das marxes, entrelazando feminismos, ruralidades e comúns

Presentación do libro A Través das marxes, no que participa HISTAGRA como Grupo de Investigación onde se inclúe o PEMAN. Data: venres 16 de marzo Hora: 19:00h. Lugar: Libraría Couceiro Participantes: Lourenzo Fernández Prieto (Catedrático de Historia Contemporánea e IP de HISTAGRA), e Lara Dopazo (Poeta e xornalista) O libro colectivo A través das marxes. […]

LER MÁIS

Enamoreime dun pobo

“Enamoreime dun pobo, chamabame moito á natureza e quería coñecer a miña propia natureza”, asi se manifesta Luz de Ribeiregas, unha belga que chegou para incorporarse a unha comuna canda unha morea de rapaces e rapazas

LER MÁIS

O decrecemento e a comodidade como aposta persoal

Gonzalo Sánchez, gandeiro do concello de Antas de Ulla, montou na casa familiar unha explotación de 40-50 vacas para carne en extensivo, que manexa el só. Sinala que tomou a decisión de vivir diso como filosofía de vida “económicamente deféndome, vivo cómdo e gústame levantarme as 10:00 da mañá cando chove”. El trata de vivir […]

LER MÁIS

O queixo San Simón da Costa un exemplo de saber facer ben as cousas

“San Simón da Costa é o San Simón de toda a vida” sentencia o director xerente do Consello Regulador da Denominación de Orixe San Simón da Costa

LER MÁIS

A relación de confianza, eixo principal de Souto Activo

Souto Activo xurde dun grupo de enxeñeiros e as súas reflexións ante a situación do medio rural galego e en concreto en torno á inactividade na recollida de castañas. “Buscar unha relación de confianza co propietario para que eles nos cedan a terreo” é o que procuran os socios de Souto Activo, e asi é […]

LER MÁIS

A satisfacción chegoume a través da agricultura

Xulio de Mondoñedo, fillo de Julio e Margarita, xa ia cos seus avós à praza de Lugo para vender os productos da horta.Tras un tempo experimentando coa imaxe e o vídeo en Compostela, decide voltar á Mondoñedo e adicarse “ao que realmente me satisfacía, o que me enchía”, a agricultura. Sinala que “era consciente da […]

LER MÁIS

A estética como motor do cambio. O caso de Vida de Aldea

Vida de Aldea é algo máis que unha explotación de leite de 200 000 kilos de cuota, 10 hectáreas de superficie agraria útil e 7 de monte, das cales 5 e medio son de piñeiro e o resto de castiñeiro, actualmente mricrorrizado. Pero que mais teñen?  Vinte anos atrás comezan coa explotación, e sempre pensaban, […]

LER MÁIS