Gonzalo Sánchez, gandeiro do concello de Antas de Ulla, montou na casa familiar unha explotación de 40-50 vacas para carne en extensivo, que manexa el só. Sinala que tomou a decisión de vivir diso como filosofía de vida “económicamente deféndome, vivo cómdo e gústame levantarme as 10:00 da mañá cando chove”. El trata de vivir o mellor que pode, moi semellante a unha estilo de vida slow life, reivindica que no rural é posible manter esa forma de vida, menos atada a uns ritmos de traballo frenéticos. E reivindica esa forma de vida máis apegada á natureza e cos tempos propios do rural.
A explotación en extensivo que traballa Gonzalo Sánchez conta cun total de 40 fincas, das cales 15 son súas. Dispón de acordos cos veciños para explotar as leiras, mais non ten máis contratos que o de palabra, como moitos outros labregos; o que en parte, limita a capacidade de investimento, ao non dispor das garantías que facilita un acordo a máis longo prazo. Mais sinala que esta situación non lle preocupa en tanto aposta por un modelo de producción lento e “sen ataduras”.
Ante a cuestión da modernización tecnolóxica mostrase moi escéptico, e sobre o de dar de comer as vacas mediante unha chamada teléfonica, Gonzalo Sánchez sinala que “eso é vergonzoso, que unha vaca esté encerrada as 24 horas, que non saiba se chove é lamentable. Este sistema é ruinoso”, como sinala neste audio
O seu modelo de vida situase na liña do decrecemento e por iso frente a procesos máis productivistas el reivindica máis a calidade de vida e a posbilidade de desfrutar co que fai e co seu tempo de lecer, que é moito e ben aproveitado. Traballa pouco e gaña de sobra e vive ben, conclue. A clave foi aproveitar os recursos da casa, una boa casa familiar: instalacións, capital fixo, terras e capacidade relacional cos veciños.
Neste link podes escoitar a intervención completa de Gonzalo Sánchez: