Fronte aos procesos de agro-industrialización nacidos nos anos 60, perduran outros procesos de produción e distribución máis pertos, relacionados co agro-ecolóxico na perspectiva da bio-economía e do desenvolvemento sustentábel como son o quilómetro 0, o comercio local, as comunidades ou cooperativas de consumo ou o denominado movemento slow food.
Tanto os grupos de consumo, pequenos produtores, mercados labregos, cooperativas de distribución representan una alternativa ao modelo industrializado de produción e distribución alimentaria. Estes buscan rescatar esas outras formas de produción e consumo máis apegadas á terra. A sustentabilidade do propio sistema alimentar virá dado si somos quen de construír procesos participativos nos que involucrar á toda a sociedade e pensar como podemos impulsar modelos alimentarios máis próximos.
Dende a rede ReVOLTA, composta por oito grupos e investigación das universidades galegas e configurado como o lugar de encontro das investigacións ao redor da agroecoloxía e do medio rural galego, abrimos ao conxunto da cidadanía un encontro co que pensar como sería posible crear unha estratexia alimentaria participativa na area de influencia do río Eo. Por este motivo celebramos a xornada Pensar unha alimentación máis próxima, que terá lugar no Centro de formación e experimentación agroforestal “Pedro Murias” de Vilaframil, Ribadeo o venres 22 de marzo.
A xornada terá o seguinte formato
10:00 – 10:30 Presentación
Polo alcalde de Ribadeo Fernando Suárez, o catedrático en Historia Contemporánea da USC Lourenzo Fernández Prieto e un representante de AGACAL
10:30- 12:00 Mesa Outro sistema alimentario é posible
A estratexia participativa alimentaria de Valladolid por Olga Rada, responsable do Ecomercado de Valladolid e técnica na Fundación Entretantos
O Plan Alimentario na reserva da biosfera “Mariñas coruñesas e terras do Mandeo e por Jorge Blanco, xerente da Asociación Mariñas-Betanzos
As bacías alimentarias como espazos de distribución e comercialización agroalimentaria polo profesor títular de Bioloxía Funcional da USC Emilio Carral
12:00- 12:30 Descanso
12:30 – 14:00 Sesión participativa Camiñando cara un novo modelo de agroalimentación na zona do Eo
Dinamizada por Fran Quiroga, técnico da rede REVOLTA e Lucas Requejo, consultor en innovación social
A xornada conta coa co-organización do concello de Ribadeo e a colaboración da Axencia Galega de Calidade Alimentaria. Para aquelas persoas interesadas en participar na xornada deben inscribirse en rede.revolta@usc.es