Conclusións e documentación da Xornada Ecofeminismos e Rural

O pasado 15 de marzo dende a rede ReVOLTA organizamos as xornadas Ecofeminismos e Rural, a través deste encontro queríamos abrir un espazo de debate e interacción entre a universidade e a sociedade co obxectivo de pensar que liñas de investigación abre o ecofeminismo.  Grazas a participación de máis de 60 persoas e a vontade de dialogo e colaboración que se deron na xornada atendéronse a cuestións como os coidados, a necesidade dunha nova relación entre natureza e o ser humán ou a importancia de resituar a vida no centro, cuestionando así o modelo productivista que impera na actualidade.

Co obxectivo de que esta xornada sirva para o conxunto da sociedade fixemos unha reportaxe do Encontro no que damos conta das principais liñas abertas ao longo do mesmo (agradecemos aqui o bo facer da Canle Ribeira Sacra, que realizou esta peza), asi como subimos os auidos das xornadas, coa intención de continuar abrindo este debate.

A todas as persoas que participaron no encontro, tanto as persoas asistentes como as ponentes, agradecer de novo  a participación na xornada.

AUDIOS DA XORNADA:

INAUGURACIÓN DA XORNADA_polas profesoras Ana Caba e Mar P. Fra

AUDIO DA PALESTRA O ECOFEMINISMO COMO PROXECTO ÉTICO E POLÍTICO pola profesora Beatriz Herrero

 CONVERSA LER AS COSMOVISIÓNS pola poeta e veterinaria María Sánchez

 CONVERSA LER A PRODUCCIÓN pola labrega e secretaria xeral do SLG Isabel Vilalba

 CONVERSA LER AS COMUNIDADES pola investigadora Araceli Macías

 DEBATE LER AS COMUNIDADES E A PRODUCIÓN

 CONVERSA LER A TERRA pola artista Carla Souto e a labrega Catalina Santiago

 CONVERSA LER OS TEMPOS pola labrega Dora Cabaleiro

 DEBATE FINAL