Conversa Agro-biodiversidade e agriculturas na Península Ibérica (séculos XVIII-XX)

As sementes son elementos fundamentais do sistema agrario, son cápsulas de vida das que agroman un sin fin de relacións. Atender cales son as variedades de sementes empregadas sérvenos para explicar a evolución e cambios da acción humana en relación coa natureza.

Coa investigadora Dulce Freire https://www.ics.ulisboa.pt/pessoa/dulce-freire, research fellow do Instituto de Ciências Sociais – Universidade de Lisboa (Instituto de Ciencias Sociais – Universidade de Lisboa) conversaremos ao redor dos cambios na agricultura relacionado coas sementes cultivadas, o medio ambiente a a acción humana dende 1750 ata 1950. Nesta sesión presentaranse os primeiros resultados do projecto ReSEED – Rescuing seed´ heritage: engaging in a new framework of agriculture and innovation since the 18th century, financiado pelo European Research Council. A partir dunha abordaxe transdisciplinar, analizaranse as mudanzas nas agriculturas ibéricas decorrentes da diseminación das sementes cultivadas traidas dos novos mundos desde o século XV.

Entre a producción teórica de Dulce Freire cómpre destacar Fotografias como “lugares de memória” portáteis: identidades, discursos e significados da agricultura em Portugal, ou La Patria Muere! Salvad la Patria!: De la Teoría a la Práctica en la Nueva Agricultura (Portugal años 1930-1970), neste link podese atopar máis info da súa producción teórica https://www.ics.ulisboa.pt/pessoa/dulce-freire

A Conversa que terá lugar o 7 de maio ás 12:00 na sala de profesores da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela está aberta á participación e será moderada polo profesor e investigador Daniel Lanero, que forma parte do grupo HISTAGRA.