Aproveitando a presenza do investigador Jose Manuel Naredo no XII Congreso de Economía Agraria que co-organiza o grupo ECOAGRASOC organizaremos dúas conversas abertas coas que dialogaremos co autor ao redor da súa recente publicación “Taxonomía del lucro” e as diferentes investigacións que se están levando a cabo nos grupos que forman parte da rede REVOLTA e que están a traballar na análise de sistemas alimentarios territoriais a través de visións ecosistémicas.
A través destes convites abertos a participación pretendemos abrir un debate coa cidadanía coa que atender aos procesos de neoextractivismo, de financiarizacion, da corrupción, da ideoloxía económica, mais tamén da propia corrupción no mundo académico, ao que se refire o autor no libro que presentará o 3 de setembro en Santiago de Compsotela.
O autor, José Manuel Naredo é doutor en Ciencias Económicas e estatístico facultativo. Conta cunha longa experiencia en estudos macroeconómicos e investigacións que combinan reflexións de fondo sobre os fundamentos da ciencia económica con análises concretos sobre o funcionamento dos sistemas agrarios, urbanos e industriais e a súa relación cos recursos naturais.
CONVERSA “Modelo depredador do capitalismo” e presentación do libro Taxonomía del lucro
Data: 03/09/2019
Relator: José Manuel Naredo Pérez
Hora: 18:00
Lugar: salón de grados da Facultade de Económicas Santiago de Compostela
Coa participación de Carmen Espido, Lourenzo Fernández Prieto, Xose Ramón Doldán e o propio autor
CONVERSA “Sistemas alimentarios e territorio, hacía una cartografía”
Data: 04/09/2019
Lugar: Seminario 1, Facultade de Empresas de Lugo
Hora: 11:30 a 14:00
Presentación e debate ao redor da Bacía Alimentar do Eo e debate ao redor de investigacións dos grupos pertencentes á rede.
Coa participación de David Soto, Emilio Carral, Fran Quiroga, María Amparo Ferreira Golpe, Telmo Otero, Bruno Esperante, Xurxo Loureiro e David Fernández e o propio autor
Ligazóns de interese: