A Galicia Baleirada a debate o 27 de setembro en Viana do Bolo

E o despoboamento unha causa ou un efecto? Cal é a situación en Galicia? Existen alternativas ou debemos afacernos a esta realidade? Estas son algunhas das inquedanzas que se tratarán de responder na xornada A Galicia Baleira que terá lugar no Salón de Actos da Casa do Concello en Viana do Bolo (Ourense) o venres 27 de setembro.

A rede REVOLTA, composta por oito grupos de investigación, xunta a 15 investigadores/as e unha poeta co obxectivo de afondar nunha preocupación social cunhas dimensións transcendentais para o futuro de Galiza. O despoboamento e o envellecemento, que afecta especialmente a Ourense e Lugo debe ser abordado dende múltiples ópticas e a través dun debate. A xornada concíbese como un espazo para o debate, polo cal ábrese ao conxunto da cidadanía. Tecer lugares de encontro entre a sociedade e a universidade é un dos sinais de identidade da rede REVOLTA e supón un compromiso por xerar espazos de intercambio de coñecemento.

Coa xornada A Galicia Baleirada continuamos o camiño iniciado cos encontros O Rural Imaxinado que tiveron lugar en Lalín e Vilar de Santos, mais nesta ocasión procuramos que os investigadores que forman parte da Rede fagan unha diagnose da situación actual, incluindo a perspectiva histórica; mais tamén se procura dar respostas e alternativas frente a esta situación.

A xornada conta coa colaboración do Concello de Viana do Bolo e supón unha aposta por levar a academia fóra dos espazos tradicionais das cidades.

A xornada será como sigue a continuación:

9:00- 9:30 BENVIDA_Lourenzo Fernández Prieto e Secundino Fernández

9:30- 11:30 MESA DIAGNOSE_modera Fran Quiroga

A situación demográfica actual_Edelmiro López Iglesias

A demografía dende a historia_Isidro Dubert

O rural morre cando se van as mulleres_Alba Díaz Geada

Persoas e usos do territorio_Eduardo Corbelle

11:30 – 12:00 CAFÉ E POESÍA_Nieves Fernández

12:00- 14:00 MESA ALTERNATIVAS_modera Elena Fernández

Cara unha transición agroecolóxica (aprendizaxes do pasado)_David Soto

As políticas agrarias e o despoboamento_Mar Pérez Fra

Usos que non necesitan xente_Emilio Carral e Teresa Rodríguez

O rural non baleirado_Xavier Simón

14:00 – 14:30 DEBATE E CONCLUSIÓNS

BIOS RELATORES/AS:

Alba Díaz Geada_investigadora na Universidade de Santiago de Compostela. Mebro de HISTAGRAEntre as súas publicacións destacan: O campo en movemento. O papel do sindic)alismo labrego no rural galego do tardofranquismo e da transición (1964-1986). (HISTAGRA)

David Soto_Profesor da Universidade de Santiago de Compostela e experto en historia ambiental. Entre os seus libros cómpre destacar “Historia dunha agricultura sustentábel. Transformacións productivas na agricultura galega contemporánea”  (GESPIC)

Edelmiro López Iglesias_ Profesor Titular da Universidade da Universidade de Santiago de Compostela. Formou parte da Comissão Técnica Independente Avaliação dos Incêndios ocorridos entre 14 e 16 de outubro de 2017 em Portugal Continental. (ECOAGRASOC) 

Eduardo Corbelle_Profesor da Universidade de Santiago de Compostela e Membro da Comisión Académica do Máster en Xestión Sustentable da Terra e o Territorio. E coautor da obra “Un Enorme Bazar. O Mercado De Terras en Galicia” (LABORATE)

Elena Fernández_Profesora da Universidade de Santiago de Compostela e experta en construcción de aloxamentos gandeiros (COSMEURUM)

Emilio Carral_Profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Experto en bioloxía. Entre os seus libros cómpe destacar “O pequeno é grande: A agricultura familiar como alternativa: O caso galego”. (GALABRA)

Fran Quiroga_técnico de I+D da Rede REVOLTA, investigador transdisciplinar, ten dirixido proxectos como o Gabinete de Imaxinación Política ou Fiestas Raras. (HISTAGRA)

Isidro Dubert_ Profesor da Universidade de Santiago de Compostela. Experto en envellecemento poboacional. Entre as súas obras destaca “Historia das historias de Galicia”, da que é editor (HISTORIA MODERNA)

Lourenzo Fernández Prieto_Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela desde 2005, director da Cátedra Juana de Vega e coordinador académico da rede REVOLTA. (HISTAGRA)

Mar Pérez Fra_Profesora da Universidade de Santiago de Compostela, experta en políticas agrarias, entre os seus artigos cómpre destacar O espaço rural, recurso ou problema? (ECOAGRASOC)

Nieves Fernandez_Poeta, labrega e veciña de Viana do Bolo, produce en ecolóxico e entre as súas obra está “Retrincos do meu ser”

Secundino Fernández_ Alcalde de Viana do Bolo e enxeñeiro de montes.

Teresa Rodriguez_Profesora da Universidade de Santiago de Compostela e experrta en zooloxía. Canda outros autores escribiu Agro-Industrial Waste Management: a case study of soil fauna responses to the use of biowaste as meadow rertiliser in galizia, northwestern spain (AGRONOMÍA)Xavier Simón_Profesor da Universidade de Vigo e director do Observatorio Eólico de Galicia. Entre os seus traballos realizados compre destacar a realización dos Congresos de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica (GIEAAH)

Xavier Simón_Profesor da Universidade de Vigo e director do Observatorio Eólico de Galicia. Entre os seus traballos realizados compre destacar a realización dos Congresos de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica (GIEAAH)