A rede ReVOLTA participa no III Foro Labrego de Agroecoloxía

Da man do Sindicato Labrego e no concello de Allariz o 20 e 21 de outubro terá lugar o III Foro Labrego de Agroecoloxía.

Nesa fin de semana, poderase coñecer de preto un bo feixe de experiencias ao redor da agroecoloxía: Mercado de Produtos da Reserva da Biosfera de Allariz, a conserveira colectiva Maskilu Kontserbak, a cooperativa vinícola Cume do Avia, a rede de comunidades mantedoras da agricultura Urgenci, Community Supported Agriculture around the world, o especialista en agroecoloxía Jorge Molero Cortés, Nonéomesmo, Rede Revolta, Rexenerando, BOND Project ou Daquidarredor, que ten en marcha un proxecto de cociña colaborativa e un matadoiro móbil.

Emilio Carral e Xoan Carlos Carreira, investigadores do Grupo Galabra e membros da rede REVOLTA participarán neste encontro no que darán conta dos proxectos que dende a rede de grupos de investigación estamos a impulsar. Asimesmos será unha boa ocasión para dar a coñecer o libro Revoltando a terra co-escrito de xeito colaborativo por nove investigadores das universidades galegas.

Para participar no III Foro Labrego de Agroecoloxía cómpre anotarse no enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf_gmR60fnO5Ee9PuFV4gMzU0sOQH3bHBtYJjsqmIb5nA1h1Q/viewform