A estética como motor do cambio. O caso de Vida de Aldea

Vida de Aldea é algo máis que unha explotación de leite de 200 000 kilos de cuota, 10 hectáreas de superficie agraria útil e 7 de monte, das cales 5 e medio son de piñeiro e o resto de castiñeiro, actualmente mricrorrizado. Pero que mais teñen? 

Vinte anos atrás comezan coa explotación, e sempre pensaban, sinala Xose Ramón, como superar a eterna crise do sector lácteo, así, dándolle voltas ao que facer, dediciron crear unha SAT xunto a dous veciños. Mais tres anos despois o proxecto fracasa. E como dos fracasos, tal e como moitas veces se ten dito, e como mais se aprende, volveron preguntarse “Que facer?, o entorno é fantástico, hai que intentar poñer en valor o entorno”. A incoporación á explotación de Xose Ramón facilitou un cambio, “quería quedar na explotación, pero non a calquer prezo, eu quería vivir nun entorno agradable, no que ter ganas de traballar” por ese motivo arreglaron a corte, asfaltaron,… e todo cun obxectivo final. Desenvolveron un parque nunha das leiras, as construccións que caian foron amañándose pouco a pouco. Mentres a xente preguntábase para que, mais Xose Ramón tiñao claro. Estes traballos formaban parte dun proceso, dunha idea que o ía acompañando mentres ía mantendo a explotación.

E asi lanzan o aluguer de hortas, proxecto semellante o das hortas veciñais nas cidades, tratatando de incoporar a veciños da cidade de Lugo no proceso de producir os seus propios alimentos. O proxecto comeza a coller forma, van abríndose a visitas de escolares, colaboran con colectivos en risco de exclusión social e de súpeto se lle presenta a oportunidade de alugar o espazo para unha voda e ven como aí radica outra posible potencialidade para a explotación. O por que de todo ese camino comeza a ter os seus froitos. Unha explotación gandeira pode adicarse a máis usos, hai un mercado que pasa pola valorización do propio.

Á vez foron tecendo redes cos veciños, procurando facer traballo en común na aldea, coa intención de poder facer aquilo que a administración non fai, que sexan os propios veciños que tomen a alternativa e se poñen a facer. O poder da colaboración e do traballo en común permitiu amañar espazos que doutra maneira estaban degradados.

Xose Ramón tiña unha certeza, sabía que había unha potencialide, e que era preciso esforzarse na diversificación de actividades. Que había un camiño por facer e que á vez que mantiñan a propia explotación podían adicar parte dos resultados a amañar pendellos da finca e outras actuacións, que sinala, non supuxeron un investimento forte, e asi poder combinar e misturar a idea de granxa escola coa de hortas en aluguer cun espazo de restauración para eventos.
A chave do éxito foi apostar polo propio e ser quen de verlle a potenciliade da aldea e das estéticas propias do lugar, sempre reforzándoas coas novas necesidades da sociedade actual.

Neste audio podes escoitar a intervención completa: