GRUPOS DE INVESTIGACIÓN
ECOAGRASOC
- Universidade de Santiago de Compostela
- Director: Edelmiro López Iglesias
Grupo de Investigación en Economía Agroalimentaria e Medioambiental, Desenvolvemento Rural e Economía Social (USC). As liñas de investigación centranse en: Economía agroalimentaria, Políticas agrarias, desenvolvemento rural e economía ambiental, Economía pública, economía rexional e cooperativismo.
HISTAGRA
- Universidade de Santiago de Compostela
- Director: Lourenzo Fernández Prieto
Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX (USC). As liñas de investigación céntranse en O mundo rural: do liberalismo á Segunda República, Guerra civil, franquismo e transición, Historia Ambiental e Historia Forestal, O cambio tecnolóxico na agricultura
GIEEAH
- Universidade de Vigo
- Director: Xavier Simón
Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica, Agroecoloxía e Historia (UVIGO). As liñas de investigación céntranse en mundo eco. enerxías renovables, monte, exonomía ecolóxica e agroecoloxía.
COSMERUN
- Universidade de Santiago de Compostela
- Directora: María Elena Fernández Rodriguez
Grupo de investigación en construcción sustentable para o medio rural e natural (USC). Traballan en tres grandes liñas de investigación: O estudio da madeira para uso estrutural, a análise dos aloxamentos gandeiros baixo a perspectiva do benestar animal. e o estudo das construcións e organización territorial tradicional nas explotacións agrarias.
GESPIC
- Universidade de Santiago de Compostela
- Director: Xoan Carmona Badía
Grupo de Estudios de Historia Empresarial e Sectorial. Pesca, Industria e Comercio (USC). As liñas de investigación son: Historia e economía da pesca e a construcción naval; Relacións Económicas Internacionais, Historia industrial, Historia da empresa, Historia do traballo, Patrimonio industrial e marítimo.
LABORATE
- Universidade de Santiago de Compostela
- Director: David Miranda Barros
Laboratorio do Territorio (USC). As liñas de investigación son: Ordenación do territorio, Desenvolvemento rural, Posesión da terra e Xestión do territorio, Planificación da paisaxe, Sistemas de Información Xeográfica (SIX), fotogrametría e teledetección, Cooperación para o desenvolvemento.
GALABRA
- Universidade de Santiago de Compostela
- Director: Elias J. Torres Feijó
Grupo de Investigación Galabra en Estudos Culturais (USC). As súas liñas de investigación son: Discursos e imaxes e prácticas culturais, Banda deseñada, Turismo e e identidade, Sistemas literarios africanos de língua portuguesa e Sistema literario brasileiro e internacionalización de mercados.
AGRONOMÍA
- Universidade de Santiago de Compostela ?
- Director: Santiago Pereira Lorenzo
Avaliación de recursos xenéticos vexetais. Estudo da trazabilidade da identidade xenética nas IGPs. Estudo da aptitude tecnolóxica de castas autóctonas de mazá para a obtención de sidra. Xestión da fertilidade dos solos de cultivo. Emprego eficiente de fertilizantes. Valorización de residuos en agricultura.
LER MÁIS