Programa de Estudos en Man Común

A rede REVOLTA de Agroecoloxía impulsou xunto ao colectivo Montenso unha proposta experimental de producción de coñecemento que xorde como a expresión do interese de crear un espazo de aprendizaxe en común, ao igual que ocorre cos montes veciñais.

O Programa de Estudos en Man Común (PEMAN) Ruralidades, Feminismos e Comúns, é un espazo crítico de pensamento e acción, impulsado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo de investigación HISTAGRA, os sete grupos pertencentes a rede REVOLTA e o colectivo Montenoso, e conta cunha amplia rede de colaboradores. O PEMAN aspira a converterse nun espazo novo de intercambio e produción de coñecementos, e vai a cabalo dun grupo de investigación universitario ou un posgrao de estudos, partindo á vez do Programas de Estudos Independentes impulsados por museos como o MACBA ou o Reina Sofía. O Programa de Estudos convertese nunha rede peer-to-peer promovida por distintos grupos artísticos, colectivos e entidades de investigación, que se xuntan para colaborar na construción de novas narrativas e lecturas que aborden os tres eixos epistémicos: comúns, ruralidades e feminismos.

QUEN IMPULSOU ISTO?

O PEMAN foi creado pola Universidade de Santiago de Compostela, a través do grupo http://histagra.usc.es/es/ (Historia Agraria e Política Rural no XIX e Séculos XX) e rede ReVOLTA (rede de sete grupos de investigación sobre estudo de agroecoloxía). O programa foi coordinado por Montenoso (colectivo que traballa arredor dos montes veciñais en man común)  e como socios estiveron o Monte Veciñal en Man Común de O Carballo (Friol), o Monte Veciñal en Man común de Vincios, o Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Alga-Lab, Casa Colorado, o MediaLab Prado (Madrid) e o concello de Allariz. E conseguiu o apoio económico da Fundación Daniel & Nina Carasso.

Ao longo do 2016 e 2017 desenvolveronse talleres e reunións en áreas rurais e cidades como: CIAC en Santiago de Compostela, na Carballeira do Rodo en Lalín, na Comunidade Veciñal do Monte de Carballo en Friol, no Museo do Xoguete de Allariz e no seu Fogar de Maiores, no Teatro Principal de Compostela, na Casa Colorida de Nigrán, na Comunidade de Montes de Vincios en Gondomar, no MediaLab Prado, no MARCO de Vigo, no albergue de Sabucedo na Estrada ou no Mercado de Bicos (Feira dos Bicos) en Monterroso. 

Metodoloxía

O propio Programa de Estudos replica/traduce os mecanismos de xestión e gobernanza dos montes veciñais en man común, e pretende que os/as participantes no mesmo sexan quen de autoxestionar o propio Programa, garantindo unha boa goberanza do mesmo. ao igual que as/os comuneira/os o fan cun monte veciñal, O Programa aspira a impulsar unha comunidade de investigación e de acción, e nela desenvolveranse diferentes sesións ao longo do ano, que versarán sobre cuestións relacionadas coa emerxencia dos comúns, os feminismos ou novas (e e vellas) ruralidades. Serán as/os participantes do Programa de Estudos os que decidan que sesións queren desenvolver, aspirando a que estas combinen diferentes metodoloxías como poden ser sociogramas, mapas conceptuais, derivas… Con este Programa, queremos reivindicar a capacidade da cidadanía á hora de construír os seus propios espazos de pensamento.

Máis info en http://estudosenmancomun.gal/