A combinación do ecoloxismo e do feminismo supón unha fenda ao discurso neoliberal que cosifica á muller e a natureza, traendo consigo un novo relato de como atender ao presente, así como abre unha nova xanela na que comezar a construir pontes que procuren outros mundos nos que diluir as desigualdades contemporáneas. A rede REVOLTA, composta por oito grupos de investigación ao redor da agroecoloxía, organiza o 15 de marzo no Cárcere Vello de Lugo a Xornada Ecofeminismos e o Rural co que pensar en aberto unha axenda de investigación.
A través deste encontro queremos abrir un espazo de debate e interacción entre a universidade e a sociedade co obxectivo de pensar que liñas de investigación abre o ecofeminismo, por iso facemos este convite aberto á participación. O encontro que comezará as 9:00 é coordinado polas profesoras Ana Cabana, Mar Pérez Fra e Elena Fernández Rodriguez e contará coa participación da profesora Beatriz Herrero Fernández, quen analizará o ecofeminismo como proxecto ético e político. Posteriormente a poeta e veterinaria María Sánchez analizará as comsmovisións no rural, coa investigadora e activista Araceli Macías e a secretaria do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, abordaremos as novas formas de ler as comunidades e a producción. Tralo descanso, a profesora Mar Pérez Fra xunto a artista Carla Souto e a agricultora de subsitencia Catalina Santiago abordaranse as outras formas de ler a terra. Coa investigadora Elena Fernández e a agricultora Dora Cabaleiro observaremos a importancia de resituar e atender o cotiá e os tempos no rural. Co Encontro Ecofeminismos e rural procuramos abrir un espazo de debate na universidade co que atender ás demandas que a sociedade ten ao redor dos desafíos que o ecofeminismo incorpora.
A xornada aberta, que conta coa colaboración do Concello de Lugo, rematará ás 14:00 farao cun exercizo de relatoría sobre as principais liñas destacadas ao longo do encontro. Á vez o encontro será grabado en vídeo co obxectivo de que todas as persoas interesadas podan achergarse aos contidos. Para aquelas que desexen acudir ao encontro, teñen que enviar un email a rede.revolta@usc.es indicando o o seu nome e apelidos.
O PROGRAMA DA XORNADA:
9:00- 9:30 APERTURA DE PORTAS
9:30 PRESENTACIÓN
Por Ana Cabana, Mar P. Fra e Elena Fernández
9:40 PALESTRA O ECOFEMINISMO COMO PROXECTO ÉTICO E POLÍTICO
Pola Profesora da USC Beatriz Herrero
10:00 CONVERSA LER AS COMUNIDADES
Pola Profesora da USC (HISTAGRA) Ana Cabana e a poeta e veterinaria María Sánchez
10:30 CONVERSA LER AS COMUNIDADES E A PRODUCCIÓN
Pola investigadora Araceli Macías e secretaria do SLG Isabel Vilalba
11:15 DEBATE
11:45 DESCANSO
12:00 CONVERSA LER A TERRA
Pola Profesora da USC (ECOAGRASOC) Mar P. Fra e a artista Carla Souto e a labrega de subsistencia Catalina Santiago
12:30 CONVERSA LER O COTIÁ E OS TEMPOS
Pola profesora da USC (AGRONOMÍA) Elena Fernández e a labrega Dora Cabaleiro
13:00 DEBATE
13:30 RELATORIA A MODO DE “CONCLUSIÓNS”