A alimentación a debate o martes 26 en Compostela

A produción agrícola experimentou un crecemento impresionante durante o século XX, o que permitiu garantir o suministro de alimentos á poboación e incluso transformar algúns cultivos en importantes capítulos do comercio exterior. Pero tamén mostra que os sucesivos incrementos da produción e da productividade lograronse a costa dos agricultores e dos propios agroecosistemas. Disto e moito máis falarán os profesores Lourenzo Fernández Prieto, David Soto (Universidade de Santiago de Compostela) e Manuel González de Molina (Universidad Pablo de Olavide), na libraría Cronopios o próximo martes 26 de novembro ás 19:30.

Neste encontro ademais do propio debate presentararase a obra “Historia de la agricultura española desde una perspectiva biofísica, 1900-2010”, editada polo Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación, na “Estudios” cuxo contido podese atopar nesta ligazón: https://www.researchgate.net/publication/335790136_Historia_de_la_agricultura_espanola_desde_una_perspectiva_biofisica_1900-2010

Os autores David Soto e Manuel González de Molina pregúntanse na obra se o modelo de produción vixente pódese soster por moito tempo; se se pode manter indefinidamente o trasvase de capitais, de renda, de man de obra da agricultura a outros sectores económicos; se a perda continua de rendabilidade da actividade, a destrucción de emprego, ou a falta de relevo xeneracional non conducen ao colapso ou ao investimento de cuantiosos recursos públicos para retrasalo.

A obra incide na redefinición do papel do sector agrario na economía que parece urxente, antes de que sexa demasiado tarde ou non quede ninguén nos campos. Esto esixe unha discusión profunda que apenas comezou. As conclusiones que presenta este libro van seguramente a contribuir ao debate.

CARTAZ DA XORNADA