Apostando por outros modelos alimentarios. Un relato da Xornada en Ribadeo

Que son os sistemas alimentarios territorializados? Pode pensarse de xeito colectivo unha nova estratexia alimentaria participativa? Existen plans alimentarios cos que definir estratexias e accións de cara mudar o sistema alimentario e facelo máis xusto? Estas preguntas foron as que nos levaron a organizar a Xornada “Pensar unha alimentación máis próxima” o pasado venres 22 […]

Conversa Agro-biodiversidade e agriculturas na Península Ibérica (séculos XVIII-XX)

As sementes son elementos fundamentais do sistema agrario, son cápsulas de vida das que agroman un sin fin de relacións. Atender cales son as variedades de sementes empregadas sérvenos para explicar a evolución e cambios da acción humana en relación coa natureza. Coa investigadora Dulce Freire https://www.ics.ulisboa.pt/pessoa/dulce-freire, research fellow do Instituto de Ciências Sociais – […]

Encontro aberto para Pensar unha alimentación máis próxima na área de Ribadeo

Fronte aos procesos de agro-industrialización nacidos nos anos 60, perduran outros procesos de produción e distribución máis pertos, relacionados co agro-ecolóxico na perspectiva da bio-economía e do desenvolvemento sustentábel como son o quilómetro 0, o comercio local, as comunidades ou cooperativas de consumo ou o denominado movemento slow food. Tanto os grupos de consumo, pequenos […]

Investigadores da rede ReVOLTA escriben no último número de SéMATA

A revista Sémata , de periodicidade anual, que publica traballos orixinais de investigación sobre calquera das especialidades relativas ao campo das Ciencias Sociais e das Humanidades, ven de publicar o seu último númro, o 30, ao redor da Bioeconomía e Memoria Ecolóxica dos Territorios: Transdisciplinariedade para un Futuro Sostenible. Baixo a dirección de Eduardo Corbelle Rico,Marco […]

Presentación de Revoltando a terra en NUMAX

O xoves 15 de novembro ás 20:00 a Libraría NUMAX acollerá a presentación de “Revoltando á terra: reinventando o rural” (Edicións Bolanda, 2018). Edelmiro López Iglesias, Lourenzo Fernández Prieto e Fran Quiroga, coautores do volume, serán os encargados de facelo. “Revoltando á terra: reinventando o rural” pretende favorecer un debate necesario sobre o mundo rural […]

Xornada do IDEGA: ‘O futuro do sector lácteo galego nun horizonte sen cotas’

O vindeiro 5 de decembro no Salón de Plenos do Consello Económico e Social de Galicia (Rúa Algalia de Abaixo, 24. Santiago de Compostela) terá lugar a xornada: O futuro do sector lácteo galego nun horizonte sen cotas, no seguinte horario: 9:00 – 14:00 h. Para ter máis información: Grupo de Investigación ECOAGRASOC http://ecoagrasoc.org/es/