Actualidade
A través desta páxina imos contando as diferentes novas e accións que dende a rede ReVOLTa imos impulsando. Asi podes estar ao día
A Galicia Baleirada a debate o 27 de setembro en Viana do Bolo
E o despoboamento unha causa ou un efecto? Cal é a situación en Galicia? Existen alternativas ou debemos afacernos a esta realidade? Estas son algunhas das inquedanzas que se tratarán de responder na xornada A Galicia Baleira que terá lugar no Salón de Actos da Casa do Concello en Viana do Bolo (Ourense) o venres […]
O 3 e 4 de setembro conversamos en Compostela e Lugo con Jose Manuel Naredo
Aproveitando a presenza do investigador Jose Manuel Naredo no XII Congreso de Economía Agraria que co-organiza o grupo ECOAGRASOC organizaremos dúas conversas abertas coas que dialogaremos co autor ao redor da súa recente publicación “Taxonomía del lucro” e as diferentes investigacións que se están levando a cabo nos grupos que forman parte da rede REVOLTA e que […]
Un proxecto da rede REVOLTA nunha cartografía do Ministerio de Cultura y Deporte
O Programa de Estudos en Man Común impulsado pola rede REVOLTA en colaboración co colectivo Montenoso, forma parte da Cartografía Cultura y Ciudadanía, un mapa dixital que alberga un arquivo de proxectos que participaron no marco de Cultura y Ciudadanía, un programa do Ministerio de Cultura y Deporte. Este arquivo recolle máis de 200 proxectos […]
Apostando por outros modelos alimentarios. Un relato da Xornada en Ribadeo
Que son os sistemas alimentarios territorializados? Pode pensarse de xeito colectivo unha nova estratexia alimentaria participativa? Existen plans alimentarios cos que definir estratexias e accións de cara mudar o sistema alimentario e facelo máis xusto? Estas preguntas foron as que nos levaron a organizar a Xornada “Pensar unha alimentación máis próxima” o pasado venres 22 […]
Conversa Agro-biodiversidade e agriculturas na Península Ibérica (séculos XVIII-XX)
As sementes son elementos fundamentais do sistema agrario, son cápsulas de vida das que agroman un sin fin de relacións. Atender cales son as variedades de sementes empregadas sérvenos para explicar a evolución e cambios da acción humana en relación coa natureza. Coa investigadora Dulce Freire https://www.ics.ulisboa.pt/pessoa/dulce-freire, research fellow do Instituto de Ciências Sociais – […]
Conclusións e documentación da Xornada Ecofeminismos e Rural
O pasado 15 de marzo dende a rede ReVOLTA organizamos as xornadas Ecofeminismos e Rural, a través deste encontro queríamos abrir un espazo de debate e interacción entre a universidade e a sociedade co obxectivo de pensar que liñas de investigación abre o ecofeminismo. Grazas a participación de máis de 60 persoas e a vontade […]
Encontro aberto para Pensar unha alimentación máis próxima na área de Ribadeo
Fronte aos procesos de agro-industrialización nacidos nos anos 60, perduran outros procesos de produción e distribución máis pertos, relacionados co agro-ecolóxico na perspectiva da bio-economía e do desenvolvemento sustentábel como son o quilómetro 0, o comercio local, as comunidades ou cooperativas de consumo ou o denominado movemento slow food. Tanto os grupos de consumo, pequenos […]
Aberta a participación para o Encontro Ecofeminismos e Rural
A combinación do ecoloxismo e do feminismo supón unha fenda ao discurso neoliberal que cosifica á muller e a natureza, traendo consigo un novo relato de como atender ao presente, así como abre unha nova xanela na que comezar a construir pontes que procuren outros mundos nos que diluir as desigualdades contemporáneas. A rede REVOLTA, […]
Investigadores da rede ReVOLTA escriben no último número de SéMATA
A revista Sémata , de periodicidade anual, que publica traballos orixinais de investigación sobre calquera das especialidades relativas ao campo das Ciencias Sociais e das Humanidades, ven de publicar o seu último númro, o 30, ao redor da Bioeconomía e Memoria Ecolóxica dos Territorios: Transdisciplinariedade para un Futuro Sostenible. Baixo a dirección de Eduardo Corbelle Rico,Marco […]
Cambios de paradigma na Historia Rural. Un debate. Obradoiro de Historia
Os investigadores Alba Díaz Geada e Lourenzo Fernández Prieto pertencentes ao Grupo HISTAGRA, organizan a través do proxecto de investigación “Los vectores del cambio estructural de las agriculturas atlánticas ibéricas: moto-mecanización y especialización lechera” organizan o Obradoiro de Historia: Cambios de paradigma na Historia Rural. Un debate os días 17 e 18 de xaneiro de […]
Somos “fillos da aldea” (notas sobre o Encontro Rural Imaxinado 2018, parte I)
Como investigadores/as coñecemos os procesos que se están dando no rural dende hai tempo, sabemos o que sucede no rural, pero aínda tendo isto en conta cómpre preguntarse: que procesos de eco agroinnovación se están dando? Que sucede e aínda non sabemos que existe? estas dúas preguntas son as que motivaron a creación dos encontros […]
Presentación de Revoltando a terra en NUMAX
O xoves 15 de novembro ás 20:00 a Libraría NUMAX acollerá a presentación de “Revoltando á terra: reinventando o rural” (Edicións Bolanda, 2018). Edelmiro López Iglesias, Lourenzo Fernández Prieto e Fran Quiroga, coautores do volume, serán os encargados de facelo. “Revoltando á terra: reinventando o rural” pretende favorecer un debate necesario sobre o mundo rural […]
Xa está listo o programa do Encontro Rural Imaxinado
Vilar de Santos acollerá o 9 de novembro unha nova edición dos encontros Rural Imaxinado que organiza a rede REVOLTA, con esta xornada preténdese xerar un espazo de debate entre interesados/as no mundo rural, labregos/as, activistas, emprendedores/as e investigadoras/es das universidades cos que tecer diálogos sobre a realidade do rural galego hoxe en día. A […]
A rede ReVOLTA participa no III Foro Labrego de Agroecoloxía
Da man do Sindicato Labrego e no concello de Allariz o 20 e 21 de outubro terá lugar o III Foro Labrego de Agroecoloxía. Nesa fin de semana, poderase coñecer de preto un bo feixe de experiencias ao redor da agroecoloxía: Mercado de Produtos da Reserva da Biosfera de Allariz, a conserveira colectiva Maskilu Kontserbak, […]
AMPLIAMOS PRAZO Open Call do Encontro Rural Imaxinado
Hai tres anos en Lalín a rede ReVOLTA organizaba o seu primeiro encontro Rural Imaxinado, un espazo aberto ao debate no que diversas voces deron conta, a través da súa praxe, de diversas formas de vivir e pensar o rural. Daquela os eixos que guiaron as conversas foron os conceptos de comunidade, outras economías, subxectividades […]
Os Investigadores da Aldea (Rede ReVOLTA) presentan o libro colaborativo Revoltando á terra
O próximo mércores 27 de xuño ás 19:00 terá lugar a presentación do libro Revoltando á terra no salón de plenos do Concello de Allariz, unha obra coa que se pretende favorecer un debate necesario sobre o mundo rural hoxe en día. O obxectivo deste libro é tratar de elaborar un novo discurso sobre o […]
Presentación do libro do PEMAN: A través das marxes, entrelazando feminismos, ruralidades e comúns
Presentación do libro A Través das marxes, no que participa HISTAGRA como Grupo de Investigación onde se inclúe o PEMAN. Data: venres 16 de marzo Hora: 19:00h. Lugar: Libraría Couceiro Participantes: Lourenzo Fernández Prieto (Catedrático de Historia Contemporánea e IP de HISTAGRA), e Lara Dopazo (Poeta e xornalista) O libro colectivo A través das marxes. […]
Enamoreime dun pobo
“Enamoreime dun pobo, chamabame moito á natureza e quería coñecer a miña propia natureza”, asi se manifesta Luz de Ribeiregas, unha belga que chegou para incorporarse a unha comuna canda unha morea de rapaces e rapazas
O decrecemento e a comodidade como aposta persoal
Gonzalo Sánchez, gandeiro do concello de Antas de Ulla, montou na casa familiar unha explotación de 40-50 vacas para carne en extensivo, que manexa el só. Sinala que tomou a decisión de vivir diso como filosofía de vida “económicamente deféndome, vivo cómdo e gústame levantarme as 10:00 da mañá cando chove”. El trata de vivir […]
O queixo San Simón da Costa un exemplo de saber facer ben as cousas
“San Simón da Costa é o San Simón de toda a vida” sentencia o director xerente do Consello Regulador da Denominación de Orixe San Simón da Costa
A relación de confianza, eixo principal de Souto Activo
Souto Activo xurde dun grupo de enxeñeiros e as súas reflexións ante a situación do medio rural galego e en concreto en torno á inactividade na recollida de castañas. “Buscar unha relación de confianza co propietario para que eles nos cedan a terreo” é o que procuran os socios de Souto Activo, e asi é […]
A satisfacción chegoume a través da agricultura
Xulio de Mondoñedo, fillo de Julio e Margarita, xa ia cos seus avós à praza de Lugo para vender os productos da horta.Tras un tempo experimentando coa imaxe e o vídeo en Compostela, decide voltar á Mondoñedo e adicarse “ao que realmente me satisfacía, o que me enchía”, a agricultura. Sinala que “era consciente da […]
Arqueixal, algo máis que unha produción gandeira
“Meus pais adicábanse a produción de leite, e a vendelo, pero iso iase perdendo” comenta Xose Luis Carreira, impulsor de Arqueixal, como a maioría dos seus veciños, cando era mozo vaise da aldea. Con 26 anos regresa para tratar de emprender algo na casa, no principio procura impulsar unha cooperativa cos veciños da zona, mais […]
o progreso sempre cheira a esterco
“ Son de aldea, dunha aldea de tantas, de tantas que por desgracia, se están despoboando” di Ramón Lourido, xerente de Abonos Lourido, quen tamén apunta que ”eu con 21 anos, con dous rapaces máis, creíamos nas nosas posibilidades, fomos ao monte e explotamos o que hoxe sería carne ecolóxica. Tíñamos un rebaño de 600 […]
Dándolle unha volta ao monte, o caso do CMVMC de Carballo
A Comunidade do Monte Veciñal en Man Común (CMVMC) de Carballo situada no concello de Friol (Lugo) leva apostando dende hai tempo por un proceso de valorización do mesmo, no que reivindica o monte non só como un piñeiral senón como moito mais. “E que podemos facer aquí?” preguntouse Jose Manuel Piñeiral na súa incorporación […]
A estética como motor do cambio. O caso de Vida de Aldea
Vida de Aldea é algo máis que unha explotación de leite de 200 000 kilos de cuota, 10 hectáreas de superficie agraria útil e 7 de monte, das cales 5 e medio son de piñeiro e o resto de castiñeiro, actualmente mricrorrizado. Pero que mais teñen? Vinte anos atrás comezan coa explotación, e sempre pensaban, […]
Emprendemento si, pero cos pés na terra
Xan Pouliquen é un bretón feito galego despois de aprender agroecoloxía en Andalucía, dispón dunha oficina técnica e traballa como asesor en diferentes explotacións agroecolóxicas. Hai 10 anos deixou o posto laboral e como levaba traballando con productores e moitos deles lle pedían seguir colaborando con el, decidiu montar unha SL e asi nace Xestión […]