Convocatoria aberta (31 marzo) – IV Edición Premios “Rafael Crecente” a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial

O Ibader, en colaboración co Laboratorio do Territorio da USC, convoca unha nova edición dos premios Rafael Crecente a Iniciativas Innovadoras de Xestión Territorial.Os Premios “Rafael Crecente” están orientados a xoves titulados (de grao e máster) e buscan impulsar a formulación e aplicación práctica de ideas innovadoras relacionadas co desenvolvemento rural, a conservación do medio […]

A rede ReVOLTA súmase á defensa dos mercados de proximidade no Estado de Alarma

A Rede de investigación ReVOLTA por unha Agricultura Sustentable é unha rede de interacción entre diferentes grupos de investigación das universidades galegas que traballan ao redor da disciplinas como a ecoloxía, as enxeñerías rurais (agronómica e forestal), a economía agraria, os estudos da cultura, a bioloxía e a historia agraria. A rede ven de sumarse […]

Vídeos da xornada Galicia Baleirada

O pasado do 27 de setembro tivo lugar en Viana do Bolo a xornada Galicia Baleira coa que se pretendía afondar nunha preocupación social cunhas dimensións transcendentais para o futuro de Galiza, deixamosvos aquí os vídeos da xornada VÍDEO RESUMO DA XORNADA INAUGURACIÓN DA XORNADA A SITUACIÓN DEMOGRÁFICA ACTUAL A DEMOGRAFÍA DENDE A HISTORIA PERSOAS […]

A alimentación a debate o martes 26 en Compostela

A produción agrícola experimentou un crecemento impresionante durante o século XX, o que permitiu garantir o suministro de alimentos á poboación e incluso transformar algúns cultivos en importantes capítulos do comercio exterior. Pero tamén mostra que os sucesivos incrementos da produción e da productividade lograronse a costa dos agricultores e dos propios agroecosistemas. Disto e […]

Xornada do IDEGA: ‘O futuro do sector lácteo galego nun horizonte sen cotas’

O vindeiro 5 de decembro no Salón de Plenos do Consello Económico e Social de Galicia (Rúa Algalia de Abaixo, 24. Santiago de Compostela) terá lugar a xornada: O futuro do sector lácteo galego nun horizonte sen cotas, no seguinte horario: 9:00 – 14:00 h. Para ter máis información: Grupo de Investigación ECOAGRASOC http://ecoagrasoc.org/es/