O 3 e 4 de setembro conversamos en Compostela e Lugo con Jose Manuel Naredo

Aproveitando a presenza do investigador Jose Manuel Naredo no XII Congreso de Economía Agraria que co-organiza o grupo ECOAGRASOC organizaremos dúas conversas abertas coas que dialogaremos co autor ao redor da súa recente publicación “Taxonomía del lucro” e as diferentes investigacións que se están levando a cabo nos grupos que forman parte da rede REVOLTA e que […]

Un proxecto da rede REVOLTA nunha cartografía do Ministerio de Cultura y Deporte

O Programa de Estudos en Man Común impulsado pola rede REVOLTA en colaboración co colectivo Montenoso, forma parte da Cartografía Cultura y Ciudadanía, un mapa dixital que alberga un arquivo de proxectos que participaron no marco de Cultura y Ciudadanía, un programa do Ministerio de Cultura y Deporte. Este arquivo recolle máis de 200 proxectos […]

Apostando por outros modelos alimentarios. Un relato da Xornada en Ribadeo

Que son os sistemas alimentarios territorializados? Pode pensarse de xeito colectivo unha nova estratexia alimentaria participativa? Existen plans alimentarios cos que definir estratexias e accións de cara mudar o sistema alimentario e facelo máis xusto? Estas preguntas foron as que nos levaron a organizar a Xornada “Pensar unha alimentación máis próxima” o pasado venres 22 […]

Conversa Agro-biodiversidade e agriculturas na Península Ibérica (séculos XVIII-XX)

As sementes son elementos fundamentais do sistema agrario, son cápsulas de vida das que agroman un sin fin de relacións. Atender cales son as variedades de sementes empregadas sérvenos para explicar a evolución e cambios da acción humana en relación coa natureza. Coa investigadora Dulce Freire https://www.ics.ulisboa.pt/pessoa/dulce-freire, research fellow do Instituto de Ciências Sociais – […]

Encontro aberto para Pensar unha alimentación máis próxima na área de Ribadeo

Fronte aos procesos de agro-industrialización nacidos nos anos 60, perduran outros procesos de produción e distribución máis pertos, relacionados co agro-ecolóxico na perspectiva da bio-economía e do desenvolvemento sustentábel como son o quilómetro 0, o comercio local, as comunidades ou cooperativas de consumo ou o denominado movemento slow food. Tanto os grupos de consumo, pequenos […]

Investigadores da rede ReVOLTA escriben no último número de SéMATA

A revista Sémata , de periodicidade anual, que publica traballos orixinais de investigación sobre calquera das especialidades relativas ao campo das Ciencias Sociais e das Humanidades, ven de publicar o seu último númro, o 30, ao redor da Bioeconomía e Memoria Ecolóxica dos Territorios: Transdisciplinariedade para un Futuro Sostenible. Baixo a dirección de Eduardo Corbelle Rico,Marco […]

Cambios de paradigma na Historia Rural. Un debate. Obradoiro de Historia

Os investigadores Alba Díaz Geada e Lourenzo Fernández Prieto pertencentes ao Grupo HISTAGRA, organizan a través do proxecto de investigación “Los vectores del cambio estructural de las agriculturas atlánticas ibéricas: moto-mecanización y especialización lechera” organizan o Obradoiro de Historia: Cambios de paradigma na Historia Rural. Un debate os días 17 e 18 de xaneiro de […]